A IX Olimpíada Galega de Economía terá lugar o sábado 7 de abril de 2018 e celebrarase na Aula Magna “José Ángel Valente” da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. É un concurso anual dirixido a alumnas e alumnos de segundo curso de bacharelato de toda Galicia.

A proba consistirá en contidos de economía xeral e economía da empresa, que determinará os tres alumnos premiados que poderán acudir á fase nacional que terá lugar en Santiago de Compostela os días 25, 26 e 17 de xuño de 2018.

Os fins principais desta olimpíada son:

·       A divulgación dos estudos de Economía e Economía da Empresa.

·       Premiar o esforzo e a excelencia académica dos estudantes de bacharelato.

·       Establecer e fortalecer vínculos estables entre a ensinanza universitaria e outros niveis educativos.

 

IX OLIMPIADA GALEGA DE ECONOMÍA

 
 
 

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto